En Carril celébranse misas con fregueses na igrexa malia o estado de alarma e o confinamento

Un veciño grava a saída de varias mulleres do templo.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/04/2020 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

A polémica está servida. Un vídeo gravado por un cidadán co nome de usuario @josele.carril en Instagram —segundo recolle o usuario de Youtube Zengayplays— mostra a un grupo de mulleres saíndo do templo tras acudir ao oficio relixioso na igrexa de Santiago Apóstol. 

Mulleres saen de misa en Carril en pleno estado de alarma polo coronavirus.
Mulleres saen de misa en Carril en pleno estado de alarma polo coronavirus.

As imaxes foron gravadas a fin de semana pasada, pero non é a primeira vez que contece isto. O Domingo de Resurrección axentes da Policía Nacional acudiron a controlar a asistencia ao oficio, mais non interviron coa escusa de que os fregueses eran poucos e mantiñan unha distancia de separación segura.

Agora, volve a polémica, xa que mentres a maioría dos cidadáns se manteñen confinados nas súas vivendas e só baixan á compra, uns poucos están acudindo ás igrexas, malia o risco que isto supón e o agravio comparativo.

Este vídeo é unha edición do usuario de Youtube Zengayplays coas imaxes orixinais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Sentidiño

Con independencia do asunto, o tal @josele.carril dá vergonza allea. E aínda que fose un aquelarre, con non ir onda elas xa está. Mágoa que os joseles non aproveiten a crise para confinar o fascista que levan dentro.

1 Susito

El tío es un animal, pero razón no le falta. El que quiera rezar, bien puede hacerlo en su casa y no exponerse ni poner en peligro a los que lo rodean. Independientemente de lo que diga el estado de alarma, prima el sentido común. El estado de alarma tambien permite ir al supermercado, pero no parece razonable ir cuatro veces al día.

1 Rui

Informaros bien. Ningún artículo del decreto de estado de alarma impide la celebración de cualquier culto religioso con las debidas precauciones