Por E.P. | A CORUÑA | 30/04/2020 | Actualizada ás 14:27
Os Museos Científicos han incrementando o seu impacto nas redes sociais durante o confinamento, segundo informa o Concello, que avanza que este venres subirán un vídeo que mostra por vez primeira imaxes submarinas das focas do Aquarium Finisterrae.
Desde as redes sociais, propuxeron a diario lecturas, actividades, experimentos, vídeos sobre o coidado dos animais do Aquarium ou observacións astronómicas sinxelas, todo para facer desde a casa.
En concreto, a conta de Twitter (@mc2coruna) multiplicou por catro a súa actividade desde o comezo do confinamento."E isto triplicou o número de interaccións por parte do público e duplicou o ritmo de incorporación de noticias e novos seguidores", indica o consistorio. Nese período, as visitas ao perfil da institución tamén se multiplicaron por catro.
En Facebook (@casaciencias) observouse un incremento de máis do 10% no número de seguidoras/es, e algunhas publicacións concretas duplicaron o seu alcance medio da actividade da conta, con datos de audiencia próximos ás 40.000 persoas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.