Xa son 558 os falecidos con COVID-19 en Galicia logo dunha nova morte en Ourense

Coa actualización de datos, o total de falecidos con coronavirus en Galicia elévase a 558, 430 recibían atención hospitalaria, e 128 faleceron en residencias de maiores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/05/2020 | Actualizada ás 20:53

Comparte esta noticia

A morte un home de 84 anos que fora diagnosticado por coronavirus e que permanecía ingresado na Clínica Santa Teresa de Ourense, eleva a 558 os falecidos con COVID-19 en Galicia.

Segundo os datos trasladados pola Consellería de Sanidade, trátase do terceiro falecemento rexistrado este venres en hospitais galegos, xornada na que tamén se comunicou a morte dun home de 70 anos que permanecía ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) e doutro home de 67 anos que estaba no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP). Ambos tiñan patoloxías previas.

Coa actualización de datos, o total de falecidos con coronavirus en Galicia elévase a 558, 430 recibían atención hospitalaria, e 128 faleceron en residencias de maiores.

Por áreas sanitarias, rexistráronse 116 mortes en hospitais da área da Coruña; 88 en hospitais da área de Vigo; 88 na área de Ourense; 73 na área de Santiago; 25 falecidos en hospitais da área de Lugo; 24 na área de Ferrol; e 16 na área de Pontevedra.

RESIDENCIAS

Con respecto ás residencias, Sanidade confirmou que se mantén o número de falecidos dentro dos centros de maiores en 128 (sen contar aos usuarios que morreron en hospitais ou en residencias integradas), ao non producirse ningunha morte na xornada do xoves.

Desde que empezou a pandemia morreron 22 maiores dentro do centro DomusVi de San Lázaro, 20 no DomusVi de Cangas, outros 21 na residencia A nosa Señora da Esperanza e 13 na DomusVi do barrio vigués de Barreiro.

Tamén se produciron 5 na residencia Moledo (Vigo), 9 no Portazgo (A Coruña), un no Fogar Bellolar, outro na residencia de Castro Caldelas, 7 en Remanso Claudina-Somoza (A Coruña), 8 na DomusVi Matogrande (A Coruña), tres na Santa Teresa de Jornet (A Coruña), un na Caser A Zapateira (Culleredo), un en San Carlos de Celanova, dous na residencia Divino Mestre (Ourense), tres na residencia San Pedro de Crecente e tres nas Fragas de Pontedeume.

Finalmente, faleceu tamén un usuario na residencia de Bande, un na de Foz, outro na nosa Señora de Fátima (O Barco de Valdeorras), tres na residencia DomusVi Concepción Areal da Coruña, un residente no centro San José de Ourense, e outro na Fundación José Otero de Santiago.

Edificio do Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU)
Edificio do Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ana

"En Italia empieza a salir la verdad con fuerza" ese é o titulo do video que esta desmontando a farsa que estamos a vivir. Agardamos por un político valente disposto a decir a verdade como ese político italiano que aparece no video. Basta de mentiras, de fomentar o medo e de restrinxir liberdades. Non ao Novo Orde Mundial.