O sector da construción estuda novas estratexias de cara á súa reactivación

A conselleira de Vivenda, Ángeles Vázquez, sinalou a importancia de que todas as administracións competentes axuden para a recuperación dun "sector estratéxico".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2020 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, mantivo na mañá deste martes unha videoconferencia con membros da Asociación Española de Fabricantes de Ladrillos y Tejas de Arcilla Cocida (Hispalyt) para analizar o impacto que está a ter nestas empresas o estado de alarma derivado da COVID-19, así como as posibles medidas de reactivación para recuperar a actividade.

Así, os responsables de Hyspalit reclamaron que se deseñe e aprobe un plan de reactivación do sector industrial da construción en diferentes campos, incluído o da vivenda.

Nesta liña, a conselleira coincidiu na importancia de que todas as administracións competentes axuden a sentar as bases para garantir a recuperación dun "sector estratéxico" como o construtivo e trasladou aos representantes das empresas as principais medidas impulsadas nas últimas semanas desde o seu departamento.

Con iso, a conselleira referiuse tanto a "os incentivos e condicións vantaxosas" que ofrece a Xunta ás empresas para "axudalas a soportar economicamente a actual situación", como ás medidas destinadas a "facilitar e incentivar" o acceso a unha vivenda por parte das familias galegas.

Ángeles Vázquez lembrou que, desde o pasado mes de abril, tanto o Instituto Galego da Vivenda e Solo como Xestur decidiron aprazar o cobro das cotas das parcelas adxudicadas en dereito de superficie e aluguer, co obxectivo de aliviar economicamente ás empresas adxudicatarias.

Así mesmo, este martes, o Centro de Coordinación Operativa (Cecop), constituído pola Xunta para facer fronte á COVID-19, aprobará novas medidas de flexibilizacion de pago e de cumprimento de deberes para "minorar o impacto da situación no sector industrial".

No que respecta á dinamización do mercado da vivenda, Ángeles Vázquez lembrou que, tal e como adiantou xa a semana pasada no Parlamento, a Xunta outorgará unha axuda de ata 20.000 euros para a compra de vivenda protexida de nova construción por parte de familias con ingresos inferiores a 4,5 veces o IPREM.

Ademais, tamén porá a disposición dos promotores, "en condicións especialmente favorables", parcelas para nova construción ou edificacións para rehabilitar en conxuntos históricos, destinadas a vivendas en aluguer a prezos limitados.

Obra de construción dunha vivenda.
Obra de construción dunha vivenda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta