Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/05/2020 | Actualizada ás 22:20
Os veciños de total de 1.428 parroquias das catro provincias galegas poden saír á rúa dar paseos e practicar actividade física sen aterse ás franxas horarias por idades que imperan para núcleos de máis de 5.000 habitantes.
Tras o cambio de criterio na aplicación da norma por parte da Delegación do Goberno (que cinguía as restricións ao termo municipal), a Xunta elaborou a lista de localidades que se benefician da liberdade horaria aplicando como criterio delimitador a 'parroquia'.
En total, trátase de 1.428 núcleos nos que, a partir deste venres, non hai franxas horarias para saír á rúa, aínda que continúan imperando o resto de normas. Este é o listado feito pola Xunta:
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.