O Goberno muda de criterio: finalmente pódese viaxar a segundas residencias dentro da provincia na fase 1

Malia que esta mesma mañá se informara de que isto non era posible, o Executivo revisou a medida e finalmente autoriza estes desprazamentos, igual ca as pernoctacións en hoteis e aloxamentos turísticos.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 09/05/2020 | Actualizada ás 16:42

Comparte esta noticia

O Goberno cambiou de criterio nunha mesma mañá e permite agora os desprazamentos a segundas residencias dentro da mesma provincia, illa ou área sanitaria autorizada ao pasar o luns 11 á fase 1 do plan de desescalada.

Autovía do Morrazo
Autovía do Morrazo | Fonte: © Miguel Núñez.

Nun encontro informal organizado con medios de comunicación á primeira hora deste sábado para explicar o contido da orde publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE), fontes do Goberno sostiveron que as pernoctacións en segundas residencias non estaban permitidas na fase 1 do plan de desescalada, nin sequera dentro da mesma provincia, illa ou rexión sanitaria. Xustificaban esta decisión nun desexo de evitar a serie de actividades adicionais que implican estes movementos, como as visitas ao supermercado ou comercios para encher a neveira e pór a punto a vivenda.

Segundo estas fontes, para visitar as segundas residencias sería necesario esperar unhas semanas máis ata alcanzar a fase 2. Con todo, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, afirmou en rolda de prensa horas despois que si era posible viaxar a segundas residencias dentro da mesma provincia, xerando confusión ante dúas informacións contraditorias emitidas desde o propio Executivo.

Fontes de Moncloa aclararon con posterioridade a Europa Press que o Ministerio de Sanidade volveu a examinar a cuestión esta mañá e confirma a interpretación de que "si é posible trasladarse a segundas residencias dentro da mesma provincia ou zonas que pasen o luns á Fase 1, do mesmo xeito que está permitido o desprazamento a hoteis e aloxamentos turísticos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta