Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/05/2020 | Actualizada ás 21:45
Semente Compostela está a procurar 130.000 euros para abrir un novo edifício para un gran proxecto educativo en galego que reúna o alunado de infantil e primaria nun edificio lo lugar de Moas.
Na sua primeira semana, a campaña "Mil Primaveras Mais" mostrou a solidariedade co chamado Projeto Moas, na plataforma Goteo, e acadou o 23% do mínimo da campaña, con máis de 21.000 euros e 125 persoas cofinanciadoras.
Nesta campaña participan persoeiros da cultura galega, como o ator Amador Arias, protagonista do filme O que arde, de Oliver Laxe, a zoqueira Elena Ferro ou o músico Paco Nogueiras, que ofrece unha como recompensa un concerto en exclusiva. Tamén participan Guadi Galego, O Leo de Matamá, Malandrómeda ou Óscar Ibáñez.
Outras novidades desta semana son unha cea no restaurante O Dezaseis, un obradoiro de regueifa, roteiros arqueolóxicos ou unha xornada de obradoiros e actividades coa Asemblea Cultural Galega de Barcelona (ACGB).
A Escola de Ensino Galego Semente é un proxecto de inmersión lingüística e autoxestión do movemento social galego. Comezou a funcionar en 2011, impulsada desde a associaçom A Gentalha do Pichel e un grupo de pais, nais e activistas. Actualmente, ademais das tres escolas en Compostela, hai Sementes en Vigo, Lugo, A Coruña e Trasancos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.