Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/05/2020 | Actualizada ás 19:36
A organización animalista Fundación Franz Weber alertou este martes do "risco" de contaxio de coronavirus en granxas peleteiras de visóns, despois de que as autoridades holandesas detectasen casos de COVID-19 nos animais deste tipo de instalacións, e pediu claururar as 31 granxas existentes en Galicia.
Segundo esta entidade, o pasado 26 de marzo detectáronse casos de COVID-19 en visóns explotados en granxas dos Países Baixos, e o Instituto Nacional de Saúde Pública e Medio Ambiente decretou medidas adicionais para protexer os animais, prohibindo a agricultores, deportistas e cidadáns en xeral achegarse a menos de 400 metros das instalacións.
No caso de Galicia, Fundación Franz Weber lembrou que hai 31 granxas nas que conviven "decenas de miles de individuos en condicións de amoroamento" e con "condicións hixiénico-sanitarias e de benestar practicamente nulas". Todo iso, incidiu a organización, crea "o caldo de cultivo perfecto para que un contaxio humano-animal poida estenderse rapidamente".
Por iso, a Fundación volveu a reclamar o peche das granxas e a transformación do sector peletero cara a actividades con maior retorno económico e menor custo ambiental.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.