Os Premios Youtubeir@s abren o prazo para presentarse á súa cuarta edición

A presente edición inclúe cambios significativos nas súas bases e un incremento da dotación económica dos galardóns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2020 | Actualizada ás 20:29

Comparte esta noticia

Os Premios Youtubeir@os, organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña, abren este mércores o prazo de inscrición para a súa cuarta edición.

Segundo informou a organización nun comunicado remitido aos medios, a presente edición inclúe cambios significativos nas súas bases e un incremento da dotación económica dos galardóns, que pasa dos 6.500 euros de 2019 a 7.500 euros para repartir nas doce categorías.

O concurso estará aberto a todas as persoas maiores de 14 anos con canles e/ou vídeos en galego, autoproducidos, subidos a Youtube e que estean publicados con data posterior ao 27 de setembro de 2019.

No caso de presentar unha canle, esta debe conter polo menos cinco vídeos, en galego e realizados con posterioridade á mesma data.

Estes galardóns buscan animar á creación de vídeos con temáticas e formatos diversos, desde vídeos de deportes, viaxes ou videoxogos ata vídeoblogs políticos ou vídeoconsejos de moda. Ao mesmo tempo, perseguen dar visibilidade tanto á produción en galego como á comunidade creadora e 'Expandir a Rede', como versa o lema deste ano.

Obradoiros Youtubeir@s de produción de vídeos
Obradoiros Youtubeir@s de produción de vídeos | Fonte: Youtubeir@s

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta