Por E.P. | A CORUÑA | 01/06/2020 | Actualizada ás 14:16
A empresa Torusware, xurdida da iniciativa dos profesores da Universidade da Coruña (UDC) Ramón Doallo, Juan Touriño e Guillermo López, así como os alumnos, xa titulados, Adrián Pérez e Daniel Valcarcel, recibiu tres premios de investigación da Sociedade Científica Informática de España (SCIE)-Fundación BBVA.
Os Premios Nacionais de Informática, unha das modalidades dos premios de investigación concedidos anualmente pola SCIE e a Fundación BBVA, "constitúen os galardóns máis prestixiosos a nivel estatal no ámbito da enxeñaría informática", explica o reitorado nun comunicado.
Estes premios están dirixidos a recoñecer o labor de investigadores, entidades públicas e privadas na área de informática que dedican a súa carreira profesional "ao estudo, fortalecemento e a divulgación desta disciplina.
"A empresa participada pola UDC Torusware gañou o Premio Ramón LLull pola súa actividade no ámbito da computación de altas prestacións e pola súa aplicación ao procesamiento de grandes volumes de datos, o seu dinamismo e aposta por I+D+i e polo seu impacto nacional e internacional", engade o reitorado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.