Por Europa Press / Redacción | MADRID | 06/06/2020 | Actualizada ás 13:10
Bares de ocio nocturno e discotecas poderán abrir desde este luns, 8 de xuño, nas zonas que se incorporan á fase tres do plan de desescalada, sempre que non se supere un terzo da súa ocupación, segundo publica este sábado o Boletín Oficial do Estado (BOE).
No caso de que no local houbese un espazo destinado a pista de baile ou similar, este poderá ser utilizado para instalar mesas. Queda prohibido que ese espazo se dedique ao seu uso habitual.
Desta forma, o Goberno dá resposta a empresarios e asociacións integradas en 'España de Noite' que reclamaran a reapertura na fase 3 para evitar a desaparición de 15.000 empresas despois de tres meses de peche da súa actividade. "Por desgraza esta situación esta provocando a perda de 25.000 empregos e durante as próximas semanas está cifra pódese incrementar, xa que o 55,32% das empresas manteñen a todos os seus traballadores nun ERTE", aseguraban os empresarios.
En termos económicos, o sector do lecer constata unha caída de facturación de 8.000 millóns de euros e unhas perdas económicas por empresa que van desde os 23.000 euros dos pequenos bares de copas ata os 157.000 euros das grandes salas de festa.
CAMBIOS NO RESTO DE LOCAIS HOSTALEIROS
Así mesmo, na fase 3 do plan de desescalada, poderá procederse á apertura ao público dos establecementos de hostalaría e restauración para consumo no local sempre que non se supere o 50% da súa ocupación.
Ademais, estará permitido o consumo en barra sempre que se garanta unha separación mínima de dous metros entre clientes ou, no seu caso, grupos de clientes, similar á distancia que se establece entre mesas, á vez que as terrazas ao aire libre poderán ser ocupadas ata o 75% da súa capacidade.
LOCAIS DE XOGO E PRAZAS DE TOUROS.
Por outra banda, a Orde publicada este sábado no BOE establece que a ocupación máxima permitida nos locais de xogo e apostas nun 50% na fase 3, mentres que prazas, recintos e instalacións taurinas ao aire libre poden desenvolveer a súa actividade sempre que non se supere a metade da capacidade autorizada e non máis de oitocentas persoas e con butacas pre-asignadas.
Segundo recolle a orde, aqueles materiais que sexan fornecidos aos usuarios durante o desenvolvemento da actividade e que sexan de uso compartido deberán ser desinfectados despois de cada uso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.