Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2020 | Actualizada ás 08:25
A asociación Galicia Laica vén de interpoñer unha denuncia ante a Consellería de Educación contra a "imposición da relixión" por parte do 69% dos centros públicos de primaria da provincia de Pontevedra.
Segundo informan os denunciantes nunha nota difundida a medios, as escolas "exiben nos seus blogs en aberto contidos relixiosos", feito que a asociación considera unha "vulneración dos dereitos fundamentais" de alumnos e pais en materia de liberdade relixiosa.
"As familias que non solicitaron estes contidos teñen dereito a que non sexan impostos ós eus fillos no espazo común virtual", explican. A asociación defende que os materiais relixiosos sexan "de acceso restrinxido" para os que os soliciten expresamente.
Polo de agora, apuntan dende a asociación, a denuncia imposta ante a Consellería non tivo resposta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.