Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2020 | Actualizada ás 12:35
O distanciamento social esixido nesta "nova normalidade" poñerá en especiais dificultades ós establecementos hostaleiros, que enfrontan a tempada turística máis incerta das últimas décadas. A gran incógnita do está en como compatibilizar o servizo presencial -inevitable para a supervivencia de bares e restaurantes- cos novos requerimentos sanitarios, de xeito que a saúde de traballadores e clientes non sexa posta en perigo.
Neste clima de incerteza, un dos recursos máis amentados son as chamadas certificacións sanitarias, selos que garantan o mantemento dunhas determinadas condicións hixiénicas nos establecementos que os porten. Esta opción, que xa está a ser implantada nalgunhas cidades europeas, é a defendida por CCOO, que considera preciso desenvolver un comité para o outorgamento destas distincións. "Non pode basearse só nunha valoración inicial", indican dende a formación nunha nota remitida a medios.
Neste aspecto, a organización sindical urxe ás empresas do sector a "avaliar e establecer medidas de prevención" que salvagarden a saúde do persoal de acordo coa Lei de Prevención de Riscos, apuntan. A organización tamén destaca a necesidade de contar coa voz dos traballadores á hora de deseñar as medidas de protección.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.