Por E.P. | OURENSE | 30/06/2020 | Actualizada ás 11:06
Os arquivos das 735 parroquias que compoñen a Diocese de Ourense foron informatizados ao "cento por cento", segundo informou o Bispado de Ourense nun comunicado que destaca a ampla marxe temporal dos documentos recollidos, dende papeis do século XVI a outros de recente inclusión. "Moitos, particularmente os das parroquias das vilas como Ribadavia, Verín, Allariz, Celanova ou Castro Caldelas, incorporáronse os últimos anos", apuntan.
A dixitalización foi desenvolta tendo en conta o "irregular estado de conservación de moitas das pezas", que foron informatizadas para "permitir o seu uso". En total a mostra recompilada abrangueu un total de 10.150 libros dende partidas sacramentais ata documentos varios de carácter matrimonial, artísticos, persoais e económicos conformados desde o século XVI ao XXI
Dende a Diócese destacan o "valor" dunha recuperación documental da que poderán beneficiarse tanto os membros da curia como dos investigadores, que segundo reportan as autoridades eclesiásticas "son miles os que acoden ao arquivo ou solicitan datos por correo postal", unha vía á que agora se lle unirá o recurso informático. "É posible que sexa a única Diocese de España que lograse este obxectivo", destacan.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.