Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2020 | Actualizada ás 09:00
A pequena vila de Perušić en Croacia, berce de máis ou menos 850 persoas, leva na súa memoria a loita pola democracia e a xustiza social. Perušić e a súa periferia foi o lugar de nacemento de case 130 antifascistas que decidiron marchar das súas casas e loitar xunto aos republicanos na Guerra Civil Española e cos partisanos iugoslavos durante a Segunda Guerra Mundial. A loita contra o fascismo nesta pequena vila está conmemorada nun monumento que leva o nome dos combatentes, incluídos 12 veteráns da Guerra Civil Española.
En 1954, o concello de Perušić construiu un memorial polas víctimas do fascismo e os partisanos que morreron en acción. Máis tarde, en 1980 construíuse un monumento máis grande para tamén honrar aos veteráns da Guerra Civil, un maior número de partisanos e a 401 víctimas do fascismo na rexión.
A principios de este ano, o concello decidiu aumentar o espazo do parque infantil que hai no parque e desta forma, eliminar o memorial antifascista. O concello está a procurar borrar a memoria histórica contra o fascismo da vila.
Segundo suliñan os impulsores desta petición, isto é un intento da extrema dereita en Croacia e nos Balcáns para criminalizar os legados políticos e as organizacións antifascistas e igualalos cos fascistas, nazis e os seus colaboradores. Os activistas locais opóñense e rexeitan proxecto de eliminar o monumento da vila de Perušić.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.