A Xunta promete que gastará 1,6 millóns menos en Microsoft

A Administración autonómica abonará 1,9 millóns de euros anuais por tres anos fronte aos 3,5 que pagaba en 2010, segundo a AMTEGA.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 19/02/2013 | Actualizada ás 23:44

Comparte esta noticia

O novo contrato da Xunta de Galicia con Microsoft non renova as licenzas nos postos de usuario, agás nas áreas sanitarias e tributarias. Este é o principal motivo pola que a Axencia de Moderniazación de Galicia pode prometer hoxe que reducirá o gasto en licencias. O Goberno alega que ten que renovar as licencias de Microsoft no Sergas e as dos funcionarios que traballan coa facenda  "pola  especificidade do software empregado".

Mar Pereira, secretaria xeral da IMIT
Mar Pereira, secretaria xeral da IMIT

Dende a chegada ao Gobero do PPdeG, a Xunta pasou a negociar en conxunto as licencias de software a través da AMTEGA. Isto permitiu ao Executivo reducir o gasto, aínda que posteriormente diferentes consellerías asinaron contratos pola súa banda con Microsoft. 

A Axencia para a Modernización promete tamén que realizará este ano un estudo sobre o impacto da migración exclusivamente a ferramentas ofimáticas de software libre nos ordenadores dos empregados públicos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta