Rescatan tres tripulantes dun barco de recreo varado na enseada de Illa Pancha, en Ribadeo

O rescate produciuse grazas a outro barco particular que se atopaba próximo ao grupo en apertos no momento dos feitos.

Por E.P. | Ribadeo | 16/07/2020 | Actualizada ás 20:23

Comparte esta noticia

Tres tripulantes dun barco de recreo varado na enseada de Illa Pancha, en Ribadeo (Lugo), foron rescatados na tarde deste xoves. Segundo informou o 112, o rescate produciuse grazas a outro barco particular que se atopaba próximo ao grupo en apertos no momento dos feitos.

Ría de Ribadeo
Ría de Ribadeo | Fonte: XdM

Posto que os tripulantes da embarcación encallada xa levaban un par de horas dentro da auga, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos servizos sanitarios de urxencia para que os puidesen atender ao chegar ao peirao de Ribadeo.

Foi sobre as 18,30 horas cando un particular alertou ao 112 dunha embarcación varada no mar. De acordo co seu relato, había persoas dentro da auga que necesitaban axuda para volver ao areal en seguridade.

Con estes datos, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informou a Salvamento Marítimo, a Gardacostas de Galicia, así como aos axentes da Garda Civil e da Policía Local, e tamén aos membros de Protección Civil de Ribadeo.

Finalmente, as tres persoas foron conducidas ao porto a bordo da embarcación particular e, unha vez en terra, puideron ser atendidos polo equipo médico de urxencias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta