Por E.P. | Santiago de Compostela | 21/07/2020 | Actualizada ás 18:13
A escola de negocios de Abanca e Afundación, IESIDE, desenvolverá ata o próximo 31 de xullo a primeira escola de verán virtual China-Galicia, na que participarán durante dúas semanas 21 estudantes da Universidade de Economía e Comercio Internacional de Pequín (UIBE).
En concreto, trátase da primeira edición de 'DERI' (Diploma Elemental de Relacións Internacionais), que substitúe ao 'DARI' (Diploma Avanzado en Relacións Internacionais), un programa de negocios internacionais de carácter intercultural que se impartía en Galicia pero que este ano non se pode celebrar de forma internacional debido ás restricións derivadas da COVID-19.
O 'DERI', que durará dúas semanas con 21 estudantes da UIBE, ten o obxectivo de que adquiran "coñecementos básicos do mundo da empresa" e desenvolver "destrezas orais e de escoita activa" en español, segundo destaca Abanca. E é que os alumnos recibirán formación en 'mercadotecnia', en economía internacional e en español comercial.
O programa impártese en modalidade sincrónica e a súa metodoloxía e tecnoloxía adaptáronse "para garantir a máxima calidade na transmisión e seguimento por parte dos estudantes", asegura a entidade.
Así, as sesións en liña compleméntanse con materiais audiovisuais adaptados para canles como Bilibili ou Youku e accesibles a través da plataforma educativa 'Edmodo', adquirida en 2018 polo xigante chinés 2018 Netdragon.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.