Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/07/2020 | Actualizada ás 09:00
O porteiro dun local de lecer nocturno situado na localidade coruñesa de Oleiros deu positivo en COVID-19 e a Consellería de Sanidade iniciou o rastrexo dos posibles contactos. De feito, entre o sector da hostelaría hai temor a que se poida producir un contaxio masivo posto que esta persoa traballa en máis locias nocturnos da Coruña.
Segundo fontes municipais, trátase do café-pub Samoa, situado en Santa Cruz. Ademais, o home tamén traballa noutros locais de lecer da Coruña. O home, apodado o "negro", tamén traballa no Bergin, no Lolita e nun "after", o Aéreo. "Moita da xente que traballou con el estivo de copas por eses bares, ademais do Pirámide e do Moon --outros locais nocturnos coruñeses--", apuntan as fontes consultadas.
Con todo, fontes da Consellería de Sanidade explicaron que se trata dun "caso illado" polo que non se considera que se trate dun brote.Así mesmo, explicou que, do mesmo xeito que en todos os casos positivos, o Sergas activou un protocolo que inclúe o rastrexo dos posibles contactos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.