Os parados galegos cobran 22 euros menos que a media do resto do Estado

O gasto por prestacións cae a 194 millóns en Galicia en xuño ao descender os beneficiarios por ERTE

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2020 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

O gasto en prestacións caeu en xuño en Galicia nuns 77 millóns de euros ata quedar nun total de 194,4 millóns de euros --eran 271,3 millóns o mes anterior-- despois de que os beneficiarios por desemprego descendesen a 189.740 persoas --eran 241.045 o mes anterior--. Deste xeito, un galego cobra 22 euros menos do que cobra outro parado do conxunto do Estado.

Este dato inclúe as prestacións por desemprego e os afectados por un ERTE, incluídos os que regresaron total ou parcialmente á actividade durante o mes de xuño, polo que hai un descenso significativo en gasto e beneficiarios.

Os datos de prestacións publícanse cun mes de atraso fronte aos do paro, por iso este martes saen as cifras de desemprego de xullo e os de prestacións de xuño. A media por cada beneficiario de prestación de desemprego en Galicia é de 767,1 euros, por baixo da media española de 789 euros.

En xuño, contabilizáronse na Comunidade galega 92.506 solicitudes de prestacións, fronte ás 133.034 do mes anterior. Do total, 84.431 foron contributivas, 7.235 de subsidios e 839 de renda activa de inserción. En canto a altas, realizáronse 110.910 --por baixo das 119.340 de maio--, cun prazo de recoñecemento de 1,70 días, por baixo da media española (2,40 días).

Oficina da Seguridade Social
Oficina da Seguridade Social | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta