Mensaxe nunha bolsa de patacas fritidas

Ás veces non é necesario leer sesudas análises para entender a realidade, para entender porque as cousas son como son. Ás veces non é necesario empaparse de profundos estudos sobre a realidade política para entender, e explicar, os resultados dunhas eleccións.

Por Emilio Martinez | A Coruña | 18/08/2020

Comparte esta noticia
Basta con estar con estar ao pé da realidade, basta con prestar atención ao cotidian. Basta, moitas veces, con atreverse a sair das zonas de confort nas que nos gusta vivir e escoitar, incluso conversar, con persoas que nin perden nin ganan nada co que nos din, co que nos contan.
 
En Galicia, nas catro eleccións xerais pasadas (2015, 2016, abril e novembro de 2019) a esquerda impúsose en tres delas, superou o 50% dos sufraxios emitidos. Nas dúas eleccións de 2019 a suma de PSOE, BNG e a coalición liderada por Podemos superou o 53%, frente a un 44% das dereitas (PP, VOX e Cidadanos). Cando  o nivel de participación é alto, arredor do 70% do censo, a esquerda obtén os seus millores números. Si observamos os resultados das tres últimas convocatorias autonómicas (2012, 2016 e 2020) as maiorias do Partido Popular coinciden con niveis de abstención que superan o 36%, chegando nas últimas a superar o 41%. 
 
A explicación é mais doada do que parece. A min o outro día unha bolsa de patacas fritidas trouxome a resposta definitiva a non poucas discusións políticas das pasadas semanas. Unha bolsa de patacas fritidias, eso si, convertida en icono cinematográfico grazas á oscarizada película surcoreana Parásitos. O seu director, Bonag Joon-ho, ou alguén do seu equipo, tivo a feliz ocorrencia de poñer unha das súas latas de 500 gramos de atrezzo nunha escea... e as patacas “Bonilla a la vista” fixéronse famosas a nivel mundial... 
 
Cando un mira a composición nunha bolsa de patacas Bonilla, o que estaba facendo o outro día, atópase con que o producto é nun 63,3% pataca, nun 35,3% aceite de oliva e nun 1,4%  sal mariña... e logo puntualiza: “O noso principal ingredente é a ILUSIÓN”.
 
Ilusión é o que necesita a esquerda en Galicia, e en calquera parte, para gañar unhas eleccións. Houbo ilusión en 2015 e había ilusión en 2019. A ilusión provoca mobilización. Había ilusión porque a esquerda foi quen de presentarse como alternativa, había ilusión porque a esquerda, as esquerdas, foi, foron, capaz de presentar un programa de mínimos que aglutinou a xente moi diversa que interiorizara que o cambio era imprescindible.
 
En 2020 ante as eleccións autonómicas a unica ilusión que había na esquerda era nos arredores do BNG, que logo dunha travesia polo deserto viase outra vez capaz de liderar, senon a oposición ao PP, cando menos a oposición dende a esquerda do PSOE. Pero esa ilusión non chega para arrebatarlle a maioría ao PP. A mobilización da esquerda mais politizada non chega. O trasvase de votos entre candiudaturas de esquerdas non chega, acaba nunha suma cero, sin apenas mover os marcos do reparto de escanos e porcentaxes de votos entre esquerda e dereita.
 
A esquerda gana si é capaz de levar ata a mesa electoral a milleiros de persoas, de sensibilidade progresista que, por unha ou outra razón, optan, as mais das veces, por quedar na casa. A esquerda gana si é capaz de facer que unha parte do electorado urbano do PP, mais centrista, vote alternativas progresistas moderadas.
 
A ilusión que faltou foi a que o PSdG-PSOE debería ser capaz de provocar, pero que destas non supo.
 
O PSdG-PSOE foi incapaz de articular unha campaña propia, incapaz de presentar un programa creible. Foi incapaz de presentarse como un partido de goberno. Durante o último ano pareceu que o PSdG-PSOE dedicou o tempo a encender veliñas ante figuriñas de Pedro Sánchez nos altares erguidos nas casas do pobo, agardando que o goberno dende Madrid obrara o mirage. A campaña electoral socialista estivo lastrada por un candidato, Gonzalo Caballero, que tal vez se desenvolva moi ben ante os seus alumnos na facultade de Economicas de Vigo, ou escriba magníficos artigos para Economic Modelling ou Marine Policy, pero que hoxe por hoxe non motiva, non comunica ideas, non gaña votos.
 
Cun PSdG-PSOE sin ideas, sin programa, sin candidato, sin campaña...sin ilusión en resumo,  os resultados acadados o pasado 12 de xullo non son sorprendentes... e sin un PSdG-PSOE que sexa capaz de plantarlle cara ao PP, capaz de disputarlle uns poucos puntos da súa base electoral,  a posibilidade de soñar cunha maioría de esquerdas nunhas autonómicas en Galicia quédase niso, en soñar.
 
O BNG ten unha política clara, guste ou non guste, e unha lider consolidada. É decir, ten moito traballo feito xa. Pero o BNG ten límites electorais, cando menos a curto e medio prazo.
 
Ten capacidade Gonzalo Caballero de aprender de todos os erros que cometeu nos últimos meses,  dende o momento da súa elección como secretario xeral?. Ten capacidade de recoñer os seus erros?. Ten capacidade para ser un lider para a sociedade galega?. 
 
Nun dos episodios da moi recomendable serie política francesa Baron Noir, o protagonista, Philippe Rickwaert, dille ao seu interlocutor, un dirixente do PSF: “A unidade é o importante, o Partido Social gana cando está unido”. Certo.  Pero a unidade necesaria non é a que se construe sobre a laminación dos contrarios, no que xa se ten demostrado erudito... A unidade que necesita o PSdG-PSOE é a unidade que se construe sobre consensos, sumando non excluindo, negociando non impoñendo, escoitando non calando aos discrepantes. O futuro do PSdG-PSOE é incerto, porque incertas son as capacidades de facer política, política de verdade, non liderazgo de contubernios de pazo, de Gonzalo Caballero.

Estudio da Corporación de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) preparado para un debate a seis nas eleccións autonómicas galegas para o 5 de abril. CRTVG - Arquivo
Estudio da Corporación de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) preparado para un debate a seis nas eleccións autonómicas galegas para o 5 de abril. CRTVG - Arquivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Emilio Martinez (Ribeira, 1965). Entre os anos 1998 e o 2005 foi presidente da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento. Na actualidade forma parte do Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento como experto independente. Licenciado en Ciencias Económicas a súa carreira profesional está ligada, na súa meirande parte, a diversas administracións públicas, como a Universidade de Vigo, na que foi vicexerente de Recursos Humanos, a xerencia da Sociedade Galega para o Desenvolvemento Comarcal, o concello de Lugo ou a Universidade de Santiago de Compostela, na que actualmente é director de área, no ámbito, logo de exercer en distintos períodos como técnico superior de Xestión no ámbito da I+D+I ou vicexerente no campus de Lugo. Ten colaborado en distintas publicacións como “A Nosa Terra”, “Tempo Exterior” ou a “Revista Galega de Emprego”.