Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2020 | Actualizada ás 10:49
O 'tren de borrascas' provocada polo chorro polar, que circula a latitudes máis baixas do normal e deixará ventos de máis de 80 quilómetros por hora, ondas de catro metros e choivas intensas en Galicia, o Cantábrico e noroeste de Castela e León, deixou na Comunidade galega nas primeiras horas deste mércores ventos de máis de 105 quilómetros por hora en Cedeira e 101 en Viveiro.
Segundo os rexistros publicados por Meteogalicia ata as 10,30 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, os refachos de intensidade máxima das primeiras horas corresponderon a localidades con altitude menor de 900 metros.
En concreto, rexistráronse 105,4 quilómetros por hora ás 3,10 horas en Cedeira e 101,5 km/h ás 7,10 horas en Viveiro; mentres que en Vimianzo o vento alcanzou 92,5 km/h e 89,8 en Arteixo.
No que respecta á zona de montaña, o vento alcanzou refachos de 97,1 quilómetros por hora en Muras e 68,7 km/h en Cervantes, ambos os municipios da provincia de Lugo.
En canto ás choivas ata as 10,30 horas, deixaron cantidades acumuladas de 41,2 litros por metro cadrado en Lousame; 29 en Val do Dubra; e 26,8 en Santa Comba, todas elas localidades coruñesas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.