Por Galicia Confidencial | Santiago | 24/08/2020 | Actualizada ás 22:35
O rap improvisado en galego inicia da man de CeibaRimas, unha iniciativa que fomenta o uso do idioma galego na arte da improvisación a través de obradoiros e competicións. Por iso, desenvolverán nas próximas semanas unhas actividades formativas por todo o país encamiñadas “a dotar de recursos e dar un último empurrón ás persoas participantes para que poidan e se atrevan a improvisar en galego”.
Os primeiros lugares confirmados son O Grove, Cambados, Rianxo, O Milladoiro e Negreira. Logo dalgúns eventos de carácter formativo máis virán as competicións. O” mundo das batallas freestyle está a gañar cada día máis seguidores e notoriedade, mais case non hai referentes que o fagan en lingua galega”, apuntan nun comunicado.
Ademais, insisten en que os obradoiros e as competicións levaranse a cabo nun ambiente de seguridade e creatividade. As persoas interesadas aínda poden inscribirse na páxina oficial de CeibaRimas https://ceibarimas.gal/inscribete . Hai límite de prazas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.