Mudou a covid o tipo de peregrino que fai o Camiño?

Investigadores da USC analizarán o impacto da pandemia no Camiño Francés.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2020 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

Cal está a ser o impacto do coronavirus sobre o Camiño Francés? Esa sería a pregunta fundamental que subxace ás investigacións que a USC afondará a través da Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións. En concreto, a universidade compostelá desenvolverá dous estudos para analizar se a covid mudou o perfil medio do peregrino que fai o Camiño, así como a "capacidade de carga" da ruta. 

Peregrinos a escasos metros da Catedral de Santiago de Compostela.. EUROPA PRESS - Arquivo
Peregrinos a escasos metros da Catedral de Santiago de Compostela.. EUROPA PRESS - Arquivo

As pesquisas, lanzadas ao abeiro da ao abeiro da II Convocatoria de Proxectos de Investigación asociados ás Cátedras Institucionais da USC, centraranse no influxo que a crise sanitaria está a ter no desenvolvemento do Camiño Francés, soporte do turismo e a economía da capital galega.

Así, por un lado, a Universidade destaca a o proxecto dedicado ó estudo do fluxo cuantitativo da ruta, que corre a cargo de Roberto Bande Ramudo, do grupo de Análise e Modelización Económica. O traballo fundaméntase na hipótese de que as restricións da nova normalidade -distanciamento social, por exemplo- estean a xerar un "impacto adicional importante" sobre a "capacidade de acollida dos visitantes do Camiño". “Esta investigación propón cuantificar o efecto destas restricións sobre a capacidade de carga do Camiño Francés”, explica o

investigador.

A dimensións cualitativa do estudo correspoderá ó equipo liderado pola investigadora Dolores Riveiro García. Neste caso, o traballo pretenderá concluír se a covid provocou cambios no perfil tipo dos peregrinos.  “A comparación dos resultados cos obtidos nun traballo anterior do noso grupo, no que se detectaron seis perfís de peregrinos, permitiranos identificar os factores de maior impacto nos cambios observados nas actuais peregrinacións e realizar previsións de evolución futura”, explica a profesora da USC, Dolores Riveiro García. “Todo iso contribuirá a entender mellor as fortalezas do camiño, así como as dificultades e limitacións que presenta ante a actual situación, o cal permitirá preparar mellor o Camiño do próximo

Ano Santo”, engade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta