Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2020 | Actualizada ás 10:04
Un incendio que comezou ás 23,05 horas do xoves no concello ourensán de Riós permanece activo e queimou xa unhas 20 hectáreas, de acordo coa información da Consellería do Medio Rural.
En concreto, o lume afecta á parroquia de Castrelo de Abaixo. Medio Rural lembra que a estimación da superficie queimada é provisional, ata que se parametrice a área.
Para os labores de extinción mobilizáronse ata o momento tres axentes, oito brigadas e sete motobombas, indicaron as mesmas fontes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.