Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 05/09/2020 | Actualizada ás 18:52
As autoridades sanitarias informaron este sábado da detección dun novo brote de COVID-19 no municipio ourensán de Riós e que afecta a tres casos. En concreto, segundo fontes da área sanitaria ourensá, as afectadas son tres mulleres, unha de 66 anos e outras dúas de 64.
Por outra banda, informaron de que o brote activo do barrio de Mariñamansa, en Ourense, ascende a 29 casos, tras a detección dun novo contaxio, un home de 29 anos. Por outra banda, o brote que se orixinou nunha reunión entre amigos no Carballiño tamén rexistra un novo positivo, un mozo de 19 anos, co que xa son 16 os afectados.
Precisamente dadas as xornadas do fin de semana, a área sanitaria de Ourense lembrou a importancia de ser prudentes e limitar as celebracións e reunións con persoas non convivientes, principal orixe dos brotes que se están detectando.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.