A CIG acusa ao TSXG de "nesgo político" por avalar os servizos mínimos da Xunta na folga de educación

"Emite opinións de carácter político, mais propias dun gabinete de comunicación da Xunta ou do Partido Popular que dun alto tribunal", denuncia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 10/09/2020 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

O TSXG desestimou a suspensión cautelar que pedía a CIG duns servizos mínimos considerados abusivos para anular os efectos da folga do persoal nos centros educativos.

Unha profesora vixía unha clase. Marta Fernández Xara - Europa Press
Unha profesora vixía unha clase. Marta Fernández Xara - Europa Press

Nun comunicado, o sindicato acusa ao alto tribunal galego de emitir un auto "inzado de valoracións e opinións de carácter político, mais propias dun gabinete de comunicación da Xunta ou do Partido Popular que dun alto tribunal".  "Chega a atreverse a ironizar sobre as intención do comité de folga ao dicir que -No quiere pensar este Tribunal que las centrales sindicales que se agrupan en el Comité de Folga recurrente carecen de la especial sensibilidad de la que, con buen criterio y especialmente en estos últimos días, hace gala la inmensa mayoría de la sociedad española-", recolle.

A CIG critica que o TSXG non tivo en conta a vulneración do dereito fundamental á folga, "claramente executado cuns servizos mínimos do 100% para case todo o persoal non docente", nin a obriga de ter, por primeira vez, a obriga de abrir todas as aulas cun docente á fronte ou o "abuso que supón que a Consellaría xogase cos prazos para publicar no DOG os servizos máximos xusto na véspera da primeira xornada de folga, sendo negociados con menos de corenta e oito horas de antelación".

O sindicato tamén critica que o TSXG apoie á Xunta por “…la necesidad de recuperar, en la medida de lo posible, la vida cotidiana y permitir a los progenitores de aquellos [o alumnado] conciliar su vida laboral y familiar, contribuyendo, de ese modo todos, a regenerar la dañada economía nacional que, con medidas de huelga como la prevista, sin los servicios mínimos establecidos, solo podrá resultar mas perjudicada”.

Por iso, a central sindical amosa o seu "total rexeitamento a un auto claramente político e que pon contra as cordas a liberdade do profesorado e do resto do persoal dos centros educativos", xa que non ten en conta o seu dereito á seguridade e á saúde.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta