Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2020 | Actualizada ás 13:16
Última oportundidade para acceder á clase mestra do IESIDE sobre ciberseguridade e a súa amplicación no ámbito das empresas. A aula, que será impartida da man de Afudación na súa canle dixital, está prevista para as 19:00h deste venres. Para acceder á aula impartida polos expertos António Fernandes, David González, Carlos López Blanco e Pablo Masaguer, CISO en Sociedad Textil Lonia é preciso formalizar con anterioridade a inscrición seguindo este enlace.
"O imparable desenvolvemento da tecnoloxía está convertendo o responsable de ciberseguridade nun piar fundamental da estratexia empresarial", destacan dende a organización. "Desde o pequeno autónomo ás grandes corporacións, sofren centos de ataques a diario", ponderan antes de destacar a "necesidade" de "contar con profesionais con perfil transversal de coñecemento empresarial, capacidade técnica e experiencia en ciberseguridade".
O proxecto de aulas dixitas do IESIDE, impulsado da man de ABANCA e AFundación, botou a andar esta semana con conferencias orientadas ó papel das empresas no novo mundo dixital. A vindeira lección correrá a cargo de Montse Garda, que o martes 22 ás 18:30 desenvolverá unha aula mestra sobre o papel da tecnoloxía Blockchain na "gobernanza" das finanzas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.