Temas: MúSICA

Concertos este sábado para celebrar as tendas de discos

Horarios dos oito concertos do Record Store Day Galicia no interior. Tocarán Álex Casanova, Johnny & The Ticks e Alope al Galope, Os Amigos dos Músicos, Fagot y Popota, Musel, Grampoder e Szentes en Santiago, Vigo, Ourense e na Coruña.

Por GC Tendencias | Santiago | 16/04/2013 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

Este sábado día 20 celébrase o Record Store Day, unha celebración dedicada ás tendas de discos independentes, nacida hai seis anos en Estados Unidos, e que na actualidade se celebra en todo o mundo, con multitude de lanzamentos exclusivos que se distribúen nas tendas de discos dos cinco continentes, onde tamén ese día se pode gozar de numerosos concertos e actuacións especiais das bandas do momento.

Os Amigos dos Músicos
Os Amigos dos Músicos

A Asociación Desconcierto Cultural non podía perderse esta festa da música e achegou o seu gran de area apoiando ás tendas de discos de toda Galicia.

Así, para o próximo día 20 ten preparado o lanzamento dun vinilo en 10 con cinco cancións inéditas de cinco bandas emerxentes galegas'. Xa está dispoñible 'A canción do camiño', do grupo vigués Szentes, canción de adianto do EP, que se poderá escoitar ao completo via Bandcamp a partir do próximo sábado. Como sabedes, no EP poderedes gozar de cancións inéditas das bandas galegas Os Amigos Dos Músicos, Fagot e Popota, Musel, Grampoder e os mencionados Szentes.

O vinilo distribuirase en oito tendas de discos da xeografía galega, onde tamén terán lugar diferentes concertos das bandas mencionadas así como de Alex Casanova, Johnny & The Ticks e Alope ao Galope. Estes son os horarios completos de todos os concertos:

Santiago de Compostela:

12:00 Alex Casanova en Discoprecio

12:45 Johnny & The Ticks en Discos Fans

13:30 Musel na Reixa Tenda

14:15 Grampoder en Miranda - cultura para levar

Vigo:

11:00 Szentes en Discos Elepé

12:00 Alope al Galope en Honky Tonk Discos

Ourense:

17:00 Os Amigos dos Músicos en Peggy Records

A Coruña:

12:00 Fagot y Popota en Discos Noni's

Ao finalizar os concertos en Santiago, festa no Bar A Reixa, onde se celebrará a sesión vermú á campaña de crowdfunding en apoio do documental Alén do Cosmos.

Noticia orixinalmente publicada en Desconcierto.com

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta