Alcoa e Ferroatlántica, con procesos de peche, poderán recibir 3,5 millóns por redución das emisións de C02

A planta de alúmina do complexo de Alcoa en San Cibrao recibirá máis de 900.000 euros e o tres factorías de Ferroatlántica case 2,5 millóns.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 08/10/2020 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

Dez factorías galegas, entre as que se atopa a planta de alúmina de Alcoa no complexo de San Cibrao --Cervo--, repártense 13,3 millóns de euros en axudas estatais polo mecanismo de compensación de custos de emisións indirectas de gases de efecto invernadoiro.

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo publica este xoves a lista provisional de propostas seleccionadas na convocatoria de 2019, dotada con 61 millóns e que distribuíu a un total de 204 solicitudes.

Nela figuran dez instalacións galegas que se repartirán un total de 13.344.906,26 euros, dos que 929.206 euros irán parar á planta de alúmina da multinacional Alcoa en San Cibrao, que a compañía estadounidense prevé pechar tras descartar unha posible venda.

Pola súa banda, os centros de Ferroatlántica en Galicia reciben case 2,5 millóns que se distribúen entre as súas factorías en Sabón (683.000 euros), Dumbría (1.156.000 euros) e Cee (669.502 euros).

Outra das empresas do sector electrointensivo galego que atravesa dificultades, Celsa Atlantic, tamén se beneficia destas axudas con 157.000 euros. Pola súa banda, Alu Ibérica percibe 255.250 pola súa planta da Coruña, mentres que a maior contía vai parar a Aluminio Español, que leva máis da metade das subvencións que van parar a Galicia con 8,7 millóns. Tamén reciben axudas Megasa (643.672 euros), Bioethanol Galicia (24.323 euros) e Aluminios Cortizo (33.4390).

Vista da factoría de Alcoa en San Cibrao, en Cervo (Lugo). EUROPA PRESS - Arquivo
Vista da factoría de Alcoa en San Cibrao, en Cervo (Lugo). EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta