Por E.P. | Santiago de Compostela | 13/10/2020 | Actualizada ás 18:13
O IESIDE de Afundación comeza o 14 de outubro a súa proposta académica de posgrao, na que se inclúe a primeira edición do novo máster oficial en Exponential MBA, no que se axuntan os contidos propios do MBA coas novas tendencias en tecnoloxías exponenciais.
Trátase, dixo Afundación, do "primeiro máster oficial exponencial" que, ademais, impulsa a estancia de investigación internacional na Nova School of Business and Economics en Liboa e que fusiona aulas físicas e virtuais.
O Exponential MBA de IESIDE, que arrincará nos campus da Coruña e Vigo do instituto, capacita o estudiantado como "profesionais á vangarda da xestión e dirección de empresas", aplicando as novas tecnoloxías exponenciais. Esta nova titulación constitúe "unha innovadora reformulación das bases do MBA", cuxo porcentaxe de empregabilidade sitúase no 97% en menos dun ano e o 84,5% en menos dun mes, informa Afundación.
Nesta ocasión, o instituto universitario amplía a súa oferta de másteres cunha titulación na que os estudantes aprenderán as claves deste novo modelo de xestión, baseado na aplicación das novas tecnoloxías da información e comunicación e en entender os negocios desde a base dixital. O programa, que combina a presencialidade física coa virtual, está dirixido a estudantes recentemente titulados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.