Os positivos de covid-19 nos centros educativos galegos superan os 600

Son 84 máis que os informados o sábado.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/10/2020 | Actualizada ás 16:09

Comparte esta noticia

A incidencia da COVID-19 nos centros educativos experimentou un repunte nas últimas xornadas. Segundo os datos facilitados polas autoridades sanitarias, os positivos superan xa os 600 nestas instalacións (601), en concreto 83 máis que os informados o sábado, obrigaron a pechar un punto de atención á infancia en Boborás (Ourense).

En total, son dous os centros que permanecen clausuradas debido aos casos de coronavirus: o PAI de Boborás, cun positivo, e a escola infantil Santa Ana en Celanova, que conta con dous casos confirmados por COVID-19.

Con estes son xa tres as instalacións educativas que se viron obrigadas a pechar debido á incidencia da pandemia desde o inicio de curso, xunto co colexio plurilingüe Calasancio de Pontevedra. A maiores, hai 22 aulas clausuradas en todo o territorio galego.

A área de Ourense segue rexistrando as peores cifras de contagios de toda Galicia e mantén seis unidades pechadas, ademais destas dúas escolas infantís.

A pesar diso, conta con menos casos que o sábado, 157 positivos respecto dos 182 indicados no último balance de positivos en activo, ademais dun seis aulas pechadas.

Os casos máis importantes rexístranse, precisamente, nesta área sanitaria. Entre eles, o IES O Couto, o CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús e o Luís Vives de Ourense, que manteñen ata oito positivos respectivamente.

Outro dos puntos destacados polo número de positivos nos seus centros trátase do Carballiño, que conta con oito contaxios no Plurilingüe Sacro Corazón e no IES nº1.

VIGO, A SEGUNDA EN POSITIVOS

Tamén se mantén cun total de oito positivos confirmados o IES Antón Alonso Ríos, no municipio de Tomiño, que se enmarca na área sanitaria de Vigo.

Precisamente, esta zona sitúase como a segunda en número de positivos ata agora e ascende a uns 124 contaxios. Tamén é a área sanitaria con máis unidades pechadas polo coronavirus, unhas sete en total.

A Coruña e Santiago contan con 97 e 94 positivos, respectivamente, mentres que Pontevedra, Ferrol e Lugo pechan o balance con 64, 33 e 32 contagios nos seus centros e escolas infantís.

Aula baleira.
Aula baleira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta