Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/10/2020 | Actualizada ás 18:24
A taxa de risco de pobreza situouse no 20% en Galicia en 2019, sete décimas por baixo da cifra da media estatal, que foi do 20,7%, segundo a enquisa de condicións de vida que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE). Mentres, se ao que se atende é á taxa Arope, esta porcentaxe subiu o ano pasado en Galicia ao 24,3%, fronte ao 25,3% da media estatal.
Pola súa banda, os ingresos medios por galego situáronse durante o pasado exercicio en 11.218 euros, fronte aos 11.680 euros da media.
Un 40,8% dos enquisados en Galicia non podían permitirse ir de vacacións fóra de casa polo menos unha semana ao ano, o 26,3% non tiña capacidade para afrontar gastos imprevistos, o 5,7% experimentaba moita dificultade para chegar a fin de mes e o 4,8%, atrasos nos pagos relacionados coa vivenda principal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.