O BNG rexeita a instalación da base militar da Brilat en Vilaboa e anuncian boicots

Os nacionalistas deste concello critican duramente ao goberno local socialista por colaborar cos militares españois e anuncian boicots se se promove a "cultura militarista".

Por Galicia Confidencial | Vilaboa | 01/11/2020 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

O BNG de Vilaboa rexeita contundentemente a colaboración entre o Concello de Vilaboa e a Brilat, cuxa base está ubicada neste municipio, tras anunciar este venres o goberno local a súa intención de colaborar cos militares e, especialmente, coa súa banda de música.

Recursos dos soldados Brilat en Pontevedra. EUROPA PRESS - Archivo
Recursos dos soldados Brilat en Pontevedra. EUROPA PRESS - Archivo

"O goberno socialista, asegura unha vantaxe que Vilaboa acolla unha base militar do exército no seu territorio, mais para o BNG dita ventaxa non existe e nunca existiu, e o único que ten aportado a existencia dese enclave militar para as nosas veciñas, historicamente, é unha
sucesión de conflictos veciñais e loitas; polos dereitos das veciñas e das Comunidades de
Montes do noso concello a usar as súas propiedades e a ter unha vida fóra das esceas
bélicas e militaristas", apuntan os nacionalistas nun comunicado.

Neste sentido, critica que o concello queira potenciar a cultura apoiando a banda de música da Brilat e lembra que xa existe unha banda de música municipal. "Se a maior aposta cultural do concello de Vilaboa vai ser a de promocionar e difundir a Banda de Música da Brilat, parécenos un insulto. Un insulto a un sector económico que representa unha parte importante do PIB galego, un insulto ás ascociacións culturais que traballan no concello para dar unha oferta cultural rica e digna ás nosas veciñas, e un insulto a Escola de Música de Vilaboa", argumentan.

Así, o BNG de Vilaboa manifesta o seu "total rexeitamento" a calquera vinculación
da institución municipal co Exército español
porque desde súa "defensa do antimilitarismo e a paz", non "existe cabida do exército nas vidas das nosas veciñas e veciños". Por iso, advirten que "boicotearán" calquera acto de carácter municipal que se dirixa "ao branqueamento, promoción e divulgación da cultura militar e do militarismo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Carme Sas

Eu conformaríame con que nas oficinas de emprego deixase de haber unha esmagadora propaganda de ofertas de traballos no exército e forzas armadas españolas... E de que non vaian ás escolas e institutos a comerlles a cabeza ós máis novos ofrecéndolles unha vida de aventura e emocións fortes nises niños de fascistas voxeiros rojigualdas...

1 Gamela

Para o BNGuai Vilaboa vaise converter no Guantánamo de Galicia ! Agora Repúblicas (?)

1 Tocabolas

A sua chalana fai augas desde hai ben tempo...por unha vez que alguen (o BNGVILABOES) di algo "certo, certo".....

2 Gamela

Os do BNGuai tedes memoria-selectiva (en función dos resultados electorais) // Día 06-08-2006 Intervención do Exército As autoridades galegas solicitaron a axuda dos efectivos militares para colaborar na extinción dos incendios de Pontevedra, Cotobade e Soutomaior. A decisión de pedir axuda ven motivada pola alerta de nivel 2 decretada nos tres municipios (EFE) !