Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2020 | Actualizada ás 16:35
O avance da COVID-19 en toda Galicia mantén tamén unha elevada incidencia nos centros. O sistema educativo galego superan os 1.200 contaxios e rexistra máis do 12,5 por cento do total de casos activos de coronavirus da comunidade autónoma.
As autoridades sanitarias cuantifican este mércores un total de 1.210 positivos, detectados en polo menos 591 escolas, institutos e gardarías de toda Galicia, sobre todo na zona de influencia da cidade olívica.
Esta situación obriga a manter pechadas polo menos 42 aulas na comunidade e a escola infantil Golfiños de Lugo, que presenta cinco positivos.
Dos case 600 centros que presentan contaxios por COVID-19, ben por brotes nas instalacións ou derivados do exterior, a maioría deles sitúanse en zonas de influencia de Vigo e A Coruña (159 e 103, respectivamente).
A área sanitaria de Vigo segue acentuando o ritmo de contaxios, con 332 e unhas 11 aulas pechadas. O caso máis preocupante rexístrase no centro privado Apóstolo Santiago, que presenta un total de 13 positivos. Tamén destaca o CPR Plurilingüe Lareira, de Mos, con nove positivos confirmados, o CPI A Cañiza e o San Salvador de Vigo, ambos con oito.
Ademais de Vigo, as áreas da Coruña, Santiago e Ferrol rexistran os peores indicadores de toda Galicia respecto ao número de contaxios detectados e os casos que se manteñen en activo nas instalacións educativas. A Coruña, por exemplo, aproxímase aos 200 casos aínda que o centro con máis casos sitúase fóra da contorna urbana, no IES Maximino Romeu de Lema de Zas, con nove positivos.
FERROL SEGUE EN AUMENTO
As áreas de Santiago e Ferrol rexistran, pola súa banda, 161 e 139 positivos respectivamente.
Na capital galega, os centros con máis casos son o CEIP Pío XII, con oito, o CPR Plurilingüe La Salle e o CPR Plurilingüe San José de Cluny, estes dous últimos con sete positivos. En suma, hai polo menos cinco aulas pechadas en escolas da área sanitaria.
Na zona de Ferrol, onde hai catro aulas clausuradas, destacan os casos do IES Leixa ou o CIFP Ferrolterra, con oito e sete positivos; ademais do CRA de Narón e o IES Terra de Trasancos. Os centros da área de Lugo contan con 132 positivos por COVID-19. O caso máis grave dáse no IES Lucus Augusti, con polo menos 12 contaxios e unha aula pechada. A área de Ourense pecha o balance de casos con 112 positivos e un sete unidades afectadas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.