Gravan un xabaril en pleno centro da Coruña

Ocorreu na rúa Juan Flórez, durante a madrugada do sábado.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 08/11/2020 | Actualizada ás 19:18

Comparte esta noticia

Un xabaril foi gravado na rúa Juan Flórez, en pleno centro urbano da cidade da Coruña, durante a madrugada do pasado sábado. O vídeo foi capturado e colgado en redes sociais por un operario do servizo que se atopa instalando as luces de nadal na cidade herculina.

Gravan un xabaril en pleno centro urbano da Coruña.
Gravan un xabaril en pleno centro urbano da Coruña.

Tras a publicación do vídeo, o colectivo animalista Libera emitiu un comunicado no que advirte que o toque de queda decretado en Galicia a partir das 23,00 horas para combater a pandemia favorece a presenza de fauna silvestre nas áreas urbanas.

O colectivo lembra que, no caso da Coruña, é a segunda ocasión en poucos días que se avistan xabarís no centro da cidade, ao que chegan, din, ao non atopar vehículos ou estímulos que os manteñan afastados da zona urbana.

Así, propoñen que o corpo da Policía Local dispoña de medios "non letais", como lazos adaptados ou dardos anestésicos, para sacar os animais das cidades e devolvelos á súa contorna.

A presenza de xabarís nas cidades galegas foi en aumento nos últimos anos. De feito, en Lugo adoptáronse medidas especiais como patrullas de porteiros para facer fronte ás incursións destes animais na Cidade das Murallas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta