Un xulgado autoriza a venda do colexio Sacro Corazón do Deza a Sciencia Scholl por 2,7 millóns

No auto tamén se subrogan a totalidade dos contratos de traballo vixentes que ascenden a 55.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 11/11/2020 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

O Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra autorizou o alleamento da unidade produtiva do colexio Sacro Corazón do Deza, situado en Lalín --en concurso de acredores--, a favor de Scientia School, quen efectúa a compra por 2,7 millóns de euros.

A oferta da empresa, segundo consta no auto, comprende "a totalidade dos bens e dereitos necesarios para o desenvolvemento da actividade do colexio, en particular o inmoble e todos os elementos do inmobilizado material e intanxible onde se desenvolve a actividade do colexio (aplicacións informáticas, instalacións técnicas, maquinaria, mobiliario e posibles equipos de proceso de información), xunto co concerto educativo coa Xunta de Galicia e os traballadores".

O maxistrado indica no auto que se subrogan a totalidade dos contratos de traballo vixentes dos empregados da concursada, que actualmente suman 55.

Tamén se subrogan todos os contratos de subministracións, arrendamentos, fianzas, licenzas e autorizacións administrativas e, en xeral, "a totalidade dos dereitos e obrigacións derivados de contratos afectos á continuidade da actividade profesional ou empresarial".

Nenos, alumnos e escolares do Sacro Corazón do Deza de Lalín
Nenos, alumnos e escolares do Sacro Corazón do Deza de Lalín | Fonte: FB Sacro Corazón do Deza

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta