Por que os visóns, que abundan en Galicia, poden deixar sen efecto a vacina de Pfizer?

A Comunidade conta con 3 de cada 4 granxas de visóns do Estado. Ecoloxistas piden pechalas para minimizar o risco dunha nova cepa de covid.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2020 | Actualizada ás 09:20

Comparte esta noticia

As granxas de visóns, no punto de mira dos ecoloxistas. A Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) vén de pedir á Xunta de Galicia que clausure a totalidade das granxas de visóns radicadas en Galicia. A razón non é animalista senón sanitaria: o especial papel desta especie como “vector de dispersión de novas cepas de covid-19”.

Visón
Visón | Fonte: infobierzo

A alarma de Adega chega porque os visóns, á parte de supoñer un “elevado risco biolóxico” a nivel ambiental, xa protagonizaron casos de transmisión de covid que obrigaron ó seu sacrificio. Dinamarca anunciou hai unha semana que mataría 17 millóns de exemplares ao detectar nalgúns destes unha nova cepa do virus; como xa aconteceu meses atrás con varios miles de animais en Badajoz.

Este e outros riscos levou a moitos países europeos (Holanda, Reino Unido Alemaña, Suíza... nomean os ecoloxistas) a prohibir as granxes de visóns. Non aconteceu así en Galicia, onde o comportamente “ultra-permisivo” da Xunta fixo recalar novas granxas fuxindo da prohibición que lexisla en outros territorios. De aí que Galicia conte con nada menos que 26 granxas destes animais; tres cuartas partes do total do Estado, segundo Adega. Neste contexto de especial densidade, a asociación ecoloxistas afea ó executivo de Feijóo que estea a “descargar” no Estado a “responsabilidade de tomar medidas” neste eido “malia a ter competencias plenas” en materia de gandaría.

O apuntado abandono da Xunta vén dado porque, segundo informa a asociacións, a Xunta leva dende setembro aplicando un programa de prevención estatal nas granxas que “só establece controis se hai visóns con síntomas compatíbeis co COVID”, ou algún dos operarios tivo un diagnóstico positivo. Así, das 26 granxas activas espalladas polo país, só se fixeron controis en 4 delas.

VACINA INUTILIZADA

A Xunta sempre se amosou reacia a controlar e limitar a expansión das granxas de visón. Mesmo seguiu autorizando explotacións (as últimas en 2018 e 2019) cando en Europa se estabam a pechar”, explican dende a plataforma. “No Estado español, a partir de 2014, a estratexia de xestión, control e erradicación do visón americano recomendou afortalar as medidas de contención e bioseguridade para as granxas. A día de hoxe non son poucas as instalacións galegas que seguen sen actualizar as súas instalacións para incorporar estas medidas”, engaden.

Nestas circunstancias, a asociación ecoloxistas esixe ó goberno de Núñez de Feijóo que proceda a clausurar todas as granxas de visóns localizadas en Galicia para minimizar o risco sanitario. No caso contrario, a disposición destes animais en espazos pechados e próximos podería implicar un novo gromo que incluso podería chegar a xerar unha nova cepa, deixando inutilizada a vacina.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta