Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2020 | Actualizada ás 09:00
Prosegue a loita entre o persoal sanitario da UCI de adultos do clínico compostelán e a xerencia. Logo de que Sanidade ordenara manter o 100% dos servizos mínimos -unha taxa que, din os sanitarios, xa estaban a cumprir motu propio- os profesionais da Unidade veñen de convocar unha concentración ás portas do hospital para seguir denunciando as "deficiencias" de Críticos.
En concreto, e segundo informan dende CIG-Saúde, a concentración dos sanitarios terá lugar ás 12 do mediodía en fronte da fachada principal. A mobilización do luns marca o inicio dunha folga que, de acordo co mesmo sindicato, será desenvolta de xeito "simbólico". Esta particularidade vén dada polos servizos mínimos do 100% estipulados por Sanidade, pero tamén pola propia iniciativa dos sanitarios; que, segundo puido coñecer GC, xa tomaran esta decisión antes de coñecer a medida da Consellería.
As mobilizacións do persoal sanitario da UCI de adultos xorden en repulsa ás múltiples "deficiencias" que, denuncian, están a ter lugar a unidade de críticos do clínico. De acordo con sanitarios ós que tivo acceso GC, a UCI do CHUS carece aínda a día de hoxe dunha serie de reformas estruturais que foron comprometidas pola xerencia a nivel do mes de xullo. "As obras nin sequeran foron comezadas", destacan dende a CIG.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.