Trinta falecidos por COVID en Galicia en tres días e que fan un total de 1.086 mortes

Das dezasete persoas mortas, dez procedían de residencias.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/11/2020 | Actualizada ás 21:07

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade informa que este luns contaron 17 falecementos correspondentes tamén ao reconto da fin de semana. Dito reconto actualizouse este luns e ao que se suman as 13 persoas falecidas entre o sábado e o domingo logo de comprobar que morreran por COVID.

Un paciente con Covid-19 é trasladado ao Hospital de Lugo.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Un paciente con Covid-19 é trasladado ao Hospital de Lugo.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Das dezasete persoas mortas, dez procedían de residencias. No hospital da Mariña falecía unha muller de 96 anos procedente da residencia de San Cibrao. Dúas mulleres de 96 e 90 anos falecían no HULA de Lugo e unha terceira tamén morría no centro lucense pero vivía na residencia San Salvador de Guntín.

No CHUF de Ferrol rexistrouse un falecido varón de 70 anos. Na residencia Nosa Señora das Virtudes de Pontedeume morría unha muller de 98 anos.

No CHUO de Ourense morría un home de 78 anos. Na residencia Nosa Señora dos Miragres de Barbadás falecía unha muller de 91 anos.

No Chuvi de Vigo rexistráronse tres mortes, dous homes de 91 e 86 anos respectivamente e unha muller de 87.

Destacar a incidencia na residencia de Salvaterra de Miño, onde morreron seis persoas. Cinco mulleres de 86, 89, 96, 85 e 87 anos e un home de 80 anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta