Traballadores de Navantia denuncian que non se contempla a construción do dique cuberto desde a dirección

Con respecto á situación da carga de traballo destacan que a partir do mes de marzo "todos os traballados vinculados a produción quedarán sen actividade", unha vez que o segundo dos buques do tipo AOR zarpe para Australia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2020 | Actualizada ás 17:03

Comparte esta noticia

O presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol, Emilio García Juanatey (CCOO), denunciou que a dirección da empresa naval pública "non contempla a construción do dique cuberto no estaleiro", unha das infraestruturas fundamentais no proxecto do futuro 'Estaleiro 4.0'.

"A nós isto non nos vale", sinalou ante a entrada principal do centro produtivo. Alí protagonizaron unha protesta, ao impedir o acceso "desde primeira hora da mañá" da dirección do centro ao estaleiro, "como medida de presión".

"Aínda que sabemos que estas decisións se toman en Madrid, temos que empezar a presionar porque nos teñen que dar unha resposta". García Juanatey trasladou que os traballadores queren saber "o futuro para este estaleiro" e para o de Fene, e se se vai a modernizar as instalacións ou se vai a continuar con outras "de comezos do século XX".

Con respecto á situación da carga de traballo, García Juanatey destacou que a partir do mes de marzo "todos os traballados vinculados a produción quedarán sen actividade", unha vez que o segundo dos buques do tipo AOR zarpe navegando para Australia.

"Esta semana xa sae por desgraza a xente de Pine --unha das empresas auxiliares-- e así segundo van acabando os traballos, vanos despedindo", explicou. En total quedan agora 900 persoas.

Con respecto ás novas incorporacións de traballadores, desde o comité de empresa aseguran que a empresa fixo unha interpretación das bases coa que non están "de acordo". "As bases hai que respectalas, estean ben ou mal redactadas, e o que non podemos aceptar é que se cambien no medio do proceso".

Protesta de delegados do comité de Navantia Ferrol
Protesta de delegados do comité de Navantia Ferrol | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta