O mal inglés de Núñez Feijóo

O presidente da Xunta enrédase ao pronunciar o nome de The Chieftains, que recibirán unha Medalla Castelao canda Carlos Núñez. Audio no interior.

Por Walter Burns | Santiago | 31/05/2013 | Actualizada ás 00:13

Comparte esta noticia

A entrevista na que o daquela conselleiro de Cultura presentaba a programación do Xacobeo 2004 é parte xa do imaxinario colectivo de Galicia. Dez anos despois o presidente da Xunta demostrou  que o nivel de inglés dos máximos mandatarios galegos debe mellorar.

Alberto Nuñez Feijóo en rolda de prensa en San Caetano tras un Consello da Xunta
Alberto Nuñez Feijóo en rolda de prensa en San Caetano tras un Consello da Xunta

Se en 2003 Jesús Pérez Varela enleábase cos nomes de David Bowie, Primal Scream ou Bob Dylan; en 2013 Alberto Núñez Feijóo enredouse con outros artistas foráneos, The Chieftains.  O grupo folk irlandés recibirá unha Medalla Castelao -o máximo galardón de Galicia- canda o seu protexido, o gaiteiro Carlos Núñez.

Por dúas veces intentou o mandatario conservador pronunciar o nome da banda irlandesa, e por dúas veces a pronuncia foi incompresíbel:

Ao chegar o poder Alberto Núñez Feijóo encirrou a polémica lingüística ao reducir as clases de galego para darlle máis peso ao castelán ao ingles. Polo amosado na rolda de prensa do Consello da Xunta do xoves, o mandatario necesita leccións no idioma estranxeiro urxentemente.

Iso si, vistas as pausas que toma antes de lanzarse a pronunciar The Chieftains, o actual presidente da está a anos luz da confianza en si mesmo amosada por Pérez Varela, todo un clásico: 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

7 Coiro

que llela dean a Carlos Nuñez e que na teñan Mercedes Peón, Budiño,Anxo Pintos, Xabier Díaz ou Guadi Galego, por exemplo, xa fala da representatividade destas medallas de "tanto" prestixio, pero que premien aos Chieftains sona a chisteins. Será pola teima que ten Feijoo co inglés? vaia papelón! hahaha. Mais indo ao celme, mirá que non haberá xente aquí que adique a súa vida a mantela tradición; Xacarandaina, Escola de gaitas de Ortigueira, etc, ou grupos de renome e recoñecido prestixio no mundo celta; Berroguetto, Luar na lubre... por non falar deses gaiteiros que levan toda a vida coma Manuel Viqueira, o gaiteiro de Ordes, que segue a tocar pechado, ou Freixo das Pontes que non ve dun ollo pero toca coa mesma ilusión aos seus...90? anos, e tantos coma eles!. Que se pode agardar dunhas medallas que premian, que galeguidade? a de Michel Salgado e Luz Casal? que pequeniño facemos todo(ou fanos, mais o resultado é o mesmo), que pouca entidade temos como pobo. Mágoa.

6 Ano Mariano

Incríbel, incríbel. Desde que son neno ouvín a palabra Chieftains milleiros de veces cando en Vigo gozaba dos festivais intercélticos. A animalada de Habichuela é grandiosa pero case peor é presentar a Carlos Núñez como promotor da música celta polo mundo e non da música galega. Feixoo é un ignorante absoluto. Téñenme contado algunhas anécdotas deste fulano incríbeis pero con estes dous disparates xa fica retratrado.

5 Hermerico

Como Zapatero, que ia a Europa (desde espanha, que nom o é ), e nom podia falar com ninguém porque como bom nacionalista espanhol só sabe falar espanhol.

4 Costadamorte

Ao escoitalo no radio, (na SER, dubido que na RG o poñan), non puden deixar de pensar en Pérez Varela e Carmiña Burana... Por certo, ao final..., Carmiña Burana cantaba ópera ou "canción regional"?... Daquela non me quedara moi claro... Agora entendo a teima que ten este homiño contra Beiras polo do piano e por estudar na Sorbona e pronunciar tan fachendosamente en francés no Parlamento... É complexo de inferioridade cultural, o Feijoo..., un rapaz de aldea..., coma quen di..., un ninguén!..., (Balbino había que chamalo)... E pensar que nos estertores do fraguismo tiñan a Feijoo coma a esperanza branca do birrete!..., e rematou por resultar boina!..., (pero boina, boina!)..., entre isto e as suas amizades co Dorado...

1 galegoexiliado

A Carmiña Burana era pintora, a que cantaba ópera era a Sara Mago.

3 Koro

Mais uma vítima do monolinguismo espanhol e da "educação" franquista...

1 Koro

Enquanto os galleguiños enviavam os filhos a se desgaleguizar a Leão ou Madrid, a burguesia franquista enviava-os a Cambridge e aos EUA para aprender a língua que importa: http://www.youtube.com/watch?v=tH52...