Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2020 | Actualizada ás 12:50
O portavoz da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia (SEMG), o lucense Lorenzo Armenteros, volveu esixir que se reforce o servizo sanitario de cara á realización das probas de antíxenos, así como en previsión da chegada da vacina contra a covid-19.
Segundo Armenteros, a proba ofrecerá un "diagnóstico rápido" e "moi específico" que suporá "unha vantaxe", mais sinala que as labores recaerán nun persoal "xa de seu sobrecargado" como é o de enfemería, que tamén levou a cabo toda a vacinación antigripal": "Volve ser a Atención Primaria a que recibe o groso da carga".
MEDIDAS LEVES
Ademais, Lorenzo Armenteros queixouse de que as medidas que se tomaron "son moi leves" e que o traballo dos profesionais aumentou á vez que seguiu habendo limitacións de persoal. Armeneteros profundou na "necesidade" de "axudar á Atención Primaria para que se faga o traballo máis dignamente". "Tense que reforzar a Atención Primaria".
O médico insistiu en que "a nosa intención é colaborar para vencer a esta pandemia, pero para poder facelo necesitamos mellores condicións". E condenou que "tampouco se tomaron medidas que reduzan a carga burocrática para podernos dedicar verdadeiramente á atención clínica e á prevención. Se non se pode reforzar o persoal polo menos que se reduza a carga burocrática".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.