Gómez-Reino di que quen vote "non" aos PGE deberán explicar a que intereses responden

En relación coa decisión tomada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) de non aceptar o recurso de Alcoa, insistiu en que "as cubas non poden parar".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2020 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

O deputado de Unidas Podemos e portavoz de Galicia en Común no Congreso, Antón Gómez-Reino, reivindicou como "históricos" os Orzamentos Xerais do Estado (PGE), "boas para o conxunto do Estado e para os galegos".

"Esta semana aprobaranse uns orzamentos históricos, para un momento histórico e cun apoio histórico", indicou, antes de aludir ao "aumento de máis do 50% do teito de gasto" ou a "os 70.000 millóns de fondos europeos para a recuperación que permitirán enterrar definitivamente a austeridade e dar paso únaa mobilización histórica de recursos públicos".

"Os que voten non este xoves" --advertiu-- "deberán explicarlle á cidadanía a que intereses responden e por que lle din que non á baixada das peaxes na AP9, a rexenerar a Ría do Burgo, a subir as pensións a case 800.000 galegos, a equiparar os permisos de paternidade e maternidade para 11.000 galegos e, en definitiva, a ir sentando as bases dun novo modelo produtivo que iremos construíndo entre todas nos próximos anos".

MOBILIZACIÓN EN VERÍN E ALCOA

Noutra orde de asuntos, Gómez-Reino tamén fixo referencia á "nova lección de civismo" dada por Verín  tras a concentración que na pasada xornada arroupou ao xinecólogo Javier Castrillo, a quen a Xunta abriu un expediente.

O deputado incidiu en que Castrillo "sofre en primeira persoa a política do Goberno popular da Xunta de Feijóo" e lembrou que "grazas a profesionais como o doutor Castrillo --unha das caras máis visibles na defensa do paritorio comarcal-- que a Xunta quere castigar, naceron xa 100 nenos e nenas en Verín".

En relación coa decisión tomada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) de non aceptar o recurso de Alcoa, insistiu en que "as cubas non poden parar".

PARALIZACIÓN DOS DESAFIUZAMENTOS

A preguntas dos medios, o portavoz de Galicia en Común tamén fixo referencia á emenda que Unidas Podemos, Bildu e ERC retiraron este martes en relación á paralización dos desafiuzamentos.

"A semana pasada dixen que o que importaba non era o como senón o que e hoxe retiramos esta emenda porque o Goberno está a traballar nun Real Decreto que vai na mesma liña que a emenda presentada e que ten como obxectivo evitar os desafiuzamentos sen alternativa habitacional e prohibir os cortes de subministracións", incidiu.

O deputado de Unidas Podemos e representante de Galicia En Común, Antón Gómez-Reino, intervén nunha rolda de prensa no Congreso dos Deputados.. EUROPA PRESS/E. Parra. POOL - Europa Press / Europa Press
O deputado de Unidas Podemos e representante de Galicia En Común, Antón Gómez-Reino, intervén nunha rolda de prensa no Congreso dos Deputados.. EUROPA PRESS/E. Parra. POOL - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Multinick

No seu caso, o BNG responde aos intereses de Abanca e de La Vox de Galicia, que foron os poderes fácticos que o salvaron da desaparición.

2 Gan Dhul

Que falará este tipiño amortizado politicamente... Patético

1 Gamela

O Goberno está a traballar... dende marzo (8 meses de Estado de Alarma) para lograr aprobar os PGE e unha vez aprobados "si te he visto, ni me acuerdo" (é a estratexia Sánchez-Iglesias) dende que se deron o abrazo do oso... Pero certamente o BNG vai ter que adelgazar moito se vota NON... Cáenlle ostias dende todas partes, só falta que o PP e VOX aplaudan a Nestor Rego cando fale dende a tribuna do Congreso ! O cinismo de Tone é de libro ! https://i.gal/gam24