Por X.M. Fernández | Santiago de Compostela | 10/12/2020 | Actualizada ás 17:39
“Me llamo Andrés do Barro Lapique” foi o primeiro disco deste senlleiro cantante galego, un traballo discográfico que foi catro veces número un en vendas cantando en galego. Un fito que a día de hoxe ninguén puido superar.
A súa carreira musical deixou pegada e será lembrada polo Outono Códax Festival 2020 coa presentación do libro “Andrés do Barro.Saudade”. O acto terá lugar na compostelá Sala Riquela ás 20:00 h. coa presenza do seu autor, Fernando F. Rego, da filla do cantautor ferrolán, Andrea Lapique, e do director do selo Ramalama Music, José Ramón Pardo. Este último dará a coñecer a gravación inédita, “Andrés do Barro. Su disco perdido”, un cuarto LP que quedou sen publicar no seu día e que edita esta discográfica.
De cara ao venres 11, e dentro do ciclo de concertos, actuarán no Teatro Principal ás 19:00 h. Sabela King & The Heartbreakers, formación musical galega, e Ukestra do medio, que viñan de Portugal, non poderán facelo. A organización do Outono Códax Festival vén de comunicar que non poderán estar por motivos de saúde.
Para seguir o concerto dende a casa, vía streaming, pódese facer solicitándoo na web de Martín Códax.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.