A Xunta fala de "cótel explosivo" nas comidas de Nadal pero aumenta a dez as persoas

Di que aposta por un proposta de "máximos". Con todo, o comité clínico destaca que estas festas supoñen "un claro risco".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2020 | Actualizada ás 12:29

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade modificou no comité clínico deste luns o plan de nadal que rexerá os próximos días establecendo límites ao número de persoas que poden participar en reunións familiares se se xunta máis dunha unidade de convivencia. En concreto, este limite será, como establece o plan elaborado a nivel estatal, dun máximo de 10, incluídos nenos de 10 anos ou menos.

Así, a Xunta recomenda que as celebracións destas datas se fagan só na unidade familiar de convivencia, nese caso non hai límite de persoas. Con todo, se se xuntan dúas unidades familiares, informou Sanidade, o límite de participantes será de 10 --independentemente de que sexan adultos ou nenos--.

Ademais, no caso de que se trate de máis de dúas unidades familiares, Sanidade mantén o límite de adultos en seis persoas. A maiores, establece que os nenos de idade igual ou inferior aos 10 anos, que no seu momento determinouse que non contarían para o cómputo, non poderán superar o catro, co que sumarían un máximo de 10 participantes.

Interior dun bar en Santiago de Compostela.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Interior dun bar en Santiago de Compostela.. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Tal e como explicou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha rolda de prensa, trátase de normas "de máximos", ante as que apostou por celebrar un Nadal "de mínimos". "Xogámonos moito estes días", subliñou o conselleiro, que instou a celebrar días de "festa responsable" baixo a premisa de "menos é máis": "menos reunións, menos visitas, menos tempo, é mais seguridade".

"CÓCTEL EXPLOSIVO"

Por iso, a "recomendación primordial" de Sanidade é que estas datas se celebren "en casa, con quen se vive a diario", isto é, cun único grupo de convivencia estable.  Neste sentido, un dos integrantes do comité clínico, o doutor Vázquez Estévez, lembrou que estas festas supoñen "un claro risco" no que conflúen elementos que as fan "un cóctel explosivo".

Ante iso, pediu á poboación que poña medidas para "previr no posible": "Que nas súas festas garden as súas medidas de seguridade, que tenten non xuntarse máis que unha unidade de convivientes, se son dúas, que se usen as medidas de hixiene e seguridade...", dixo Vázquez Estévez, que incidiu en aspectos como a ventilación. "Non consiste en salvar o Nadal, consiste en salvar seres humanos, vidas humanas", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta