Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2020 | Actualizada ás 10:00
Un grupo de desenvolvedores de software libre, voluntarios, ex-alumnos e profesores da Universidade Politécnica de Madrid do grupo TechPeopleCare de TEDECO uníronse para crear un servizo gratuíto e fácil de vídeo chamada: videollama.me.
O obxectivo desta aplicación é que as persoas con dificultades tecnolóxicas sexan capaces de conectarse cos seus de maneira autónoma e sinxela, só teñen que recoñecer a icona da aplicación e iniciar e colgar chamada, "sen escribir nada, sen necesidade de rexistrarse nin de configurar nada, sen menús nin botóns que puidesen lear ao usuario pouco experto", destacan desde a Universidade.
INCOMUNICACIÓN POLA PANDEMIA
Os creadores do servizo defenden que esta iniciativa naceu debido ao drama social que trouxo consigo a pandemia é ese foi a "a incomunicación repentina que sufriron os nosos maiores ao quedar confinados nas súas casas ou nas súas residencias ou, no peor dos casos, hospitalizados e sen poder ver aos seus familiares".
Esta situación provocou que a maioría da poboación comezara a facer video chamadas para manterse en contacto cos seus, mais para os os nosos maiores a utilización das aplicacións de contacto audiovisual foi "inviable" xa que "nunca foran capaces de usar este tipo de tecnoloxía anteriormente".
Por iso, agora que as festas do Nadal complícanse e as reunións familiares cos nosos maiores cancélanse por prudencia, "este obxectivo volve estar máis presente que nunca, polo que creamos a páxina web grazas a un dos mellores programas de videoconferencia: jitsi". Este software libre permitiu crear o servizo en pouco tempo ao permitir a utilización do seu código fonte como base adaptándose ás necesidades de persoas sen habilidades dixitais.
SERVIZO EN GALEGO
A pesar de ser unha boa aplicación, faltaba a inclusión de toda a sociedade, incluíndo as diferentes linguas. Por isto, a Universidade pedíu axuda a tradutores voluntarios e, grazas á súa colaboración desinteresada, a páxina web agora está dispoñible en todos os idiomas oficiais españois.
"A nosa intención é engadir todos os idiomas posibles. O obxectivo é que ningunha persoa, saiba o que saiba de tecnoloxía e fale o idioma que fale, quede illado sen poder ver e comunicarse cos seus seres queridos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.