Os traballadores do comercio tamén van á folga

Protestan ante a baixada dun 10% do seu soldo, desaparición de pagas extras e mobilidade ou a posibilidade de ser trasladados máis de 50 quilómetros do seu posto de traballo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/06/2013 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O día 1 de xullo, coincidindo co comezo das rebaixas do verán, os traballadores do comercio da provincia da Coruña van ir á folga. Unha nova protesta que ten que ver coa baixada de soldo dun 10%; a supresión dunha paga extraordinaria; a desaparición de todas as categorías e mobilidade absoluta do persoal; a diminución da porcentaxe obrigatoria de persoal fixo ou a posibilidade de desprazamento obrigatorio até 50 quilómetros ou a retirada do complemento por IT.

Protesta de traballadores do comercio na Coruña
Protesta de traballadores do comercio na Coruña | Fonte: CIG

Por iso. Algúns colectivos tamén se solidarizan con estes traballadores. "A patronal ten claro que na etapa na que estamos actualmente hai que atacar e golpear duro ao colectivo traballador e ás súas condicións laborais", denuncia a CIG-Administración que píde aos funcionarios que ese día non acudan aos comercios en solidariedade cos seus traballadores.  

Lembran que empresarios como Adolfo Domínguez ou o dono de Mango, Isak Andic, criticaron ao ente funcionarial. “España se va al desastre porque los socialistas defienden los priviliegios de los funcionarios”, lembran que dixo Adolfo Domínguez ao propoñer o despido libre e ao criticar que un traballador se collese unha baixa. Pola súa banda, Isak Andic, pediu públicamente que se botasen á rúa aos funcionarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta