Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/12/2020 | Actualizada ás 19:19
A Santa Sé decretou a prolongación do Ano Santo 2021 durante o ano 2022 polas circunstancias excepcionais que rodean a súa celebración por mor da pandemia de covid-19.
Así o deron a coñecer fontes da Igrexa compostelana no acto de apertura do ano Santo, que arrincou "nunhas circunstancias especiais", segundo dixo o arcebispo Julián Barrio, que confiou en que este tempo permita "espertar" en cada un "a capacidade para ver o esencial no medio do prescindible".
Na homilía pronunciada durante a Eucaristía posterior á apertura da Porta Santa, lembrou que, desde hoxe, "a Casa do Señor Santiago abre as súas portas a todas as xentes", e converte así á cidade en "fogar dos peregrinos".
Tamén o papa Francisco remitiu á igrexa compostelá unha misiva con motivo do inicio do Ano Santo 2021 na que animou a peregrinar para "saír do propio eu" e achegarse á experiencia relixiosa e ao próximo, así como a tomarse este proceso como unha "chamada á misión" para terminar o Camiño "coa mochila baleira e o corazón cheo de experiencias".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.