Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2021 | Actualizada ás 10:00
A polémica dos topónimos castelanizados regresa á primeira liña. Días despois de que RENFE recibira críticas por empregar fórmulas distintas á legalmente recoñecida nun dos trens que pasa por Galicia, hoxe é RTVE a entidade obxecto das denuncias. Varios tuiteiros galegos saíron en ataque da corporación por ter empregado fórmulas deturpadas de topónimos galegos nun programa sobre o pasado celta de Galicia que pode ser consultado no seguinte enlace.
Estiven vendo "El legado celta de Galicia" en @la2_tve. Ningún respecto polo toponimia do noso país (La Coruña, Villalba, castro de Villadonga...). Que cansino ter que estar comentando isto décadas case 30 anos despois de que a lei sinalase como única forma oficial a galega.
— Xavier Campos (@sinheira) January 3, 2021
Están cun programa de castros na dúas.
— O Salcedo ☔ (@salcedista) January 3, 2021
Rías Bajas
Orense
La Coruña
Castreño
...
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.